Irene de Higes Andino
Investigadora, Universitat Jaume I

Irene de Higes é Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universitat Jaume I. A súa tese de doutoramento versa sobre a dobraxe e subtitulación ao castelán de películas multilingües (ligazón). Traballou como axudante de produción nun estudo de dobraxe e como tradutora especializada en artigos cinematográficos, dobraxe e locución para televisión, subtitulado e audiodescrición. Tamén foi profesora na Universidad Internacional de Valencia (VIU), ISTRAD e na Universidad Europea de Valencia.
Na actualidade, é investigadora do Departamento de Tradución e Comunicación da Universitat Jaume I e membro do grupo de investigación TRAMA (Tradución e Comunicación en Medios Audiovisuais). Imparte clases de tradución audiovisual (voz en off, dobraxe e subtitulado) e de accesibilidade audiovisual (audiodescrición para cegos e subtitulado para xordos). A súa investigación céntrase no multilingüismo, a identidade, a tradución audiovisual e a accesibilidade.