Sobre o proxecto


Ao tempo que aumenta o volume da produción audiovisual en todo o mundo, aumenta tamén en paralelo o número de persoas con dificultades para comprender un texto oral, especialmente en occidente, e como consecuencia do rápido proceso de envellecemento da poboación e da inmigración. Por outra banda, grandes espazos públicos, como aeroportos, centros comerciais, instalacións deportivas e pazos de congresos fornecen para todo tipo de usuarios servizos audiovisuais en directo de programas e eventos en espazos nos que un alto volume de son non é unha opción viable. Neses casos, a resposta debe buscarse na subtitulación en directo.

O principal obxectivo de QUALISUB é medir a calidade dos subitítulos producidos en directo para programas e acontecementos nas catro linguas oficiais do estado: catalán, euskera, galego e español. Tamén se analizará a calidade dos subtítulos en directo en inglés nos Estados Unidos.

O seguinte paso deste proyecto será a realización dunha análise comparativa da calidade dos subtítulos producidos por refalado fronte os subtítulos automáticos en España, utilizando para tal fin o modelo de análise NER.

Por último, este proxecto buscará conseguir a automatización do propio modelo NER. Como obxectivo xeral, o proxecto pretende emitir unha serie de recomendacións que sirvan para mellorar o acceso de millóns de televidentes de todo o mundo a programas e eventos emitidos en directo.

Obxectivos, fins e coherencia con obxectivos de investigación (inter)nacionais


O obxectivo principal de QUALISUB é analizar a calidade dos subtítulos en directo (en galego, catalán, vasco e español) e en Estados Unidos co fin de emitir recomendacións que poidan mellorar a accesibilidade de programas e eventos de televisión en directo para millóns de espectadores diarios.

Nivel rexional


Avaliar a precisión do recoñecemento de voz en galego, vasco e catalán, así como a súa potencial aplicación ó subtitulado en directo.

Elaborar o primeiro libro branco cun catálogo de recomendacións relacionadas cos requisitos necesarios para fornecer subtítulos en directo nas tres linguas.

Nivel nacional


Comparar a calidade dos subtítulos en directo producidos mediante refalado por TVE, Antena3, Cuatro, Telecinco e La Sexta cos subtítulos automátcios que emplea TVE.

Elaborar un libro branco sobre qué tipo de subtítulos en directo (xa sexan refalados ou automáticos) poderían utilizarse en función do tipo de programa.

Nivel internacional


Realizar a primeira análise a gran escala da calidade dos subtítulos en directo nos Estados Unidos baseado no modelo NER e comparalo cos resultados obtidos en España.

Desenvolver unha solución tecnolóxica para a automatización do modelo NER.