Luis Alonso Bacigalupe
Investigador Principal, Universidade de Vigo

O Dr. Luis Alonso Bacigalupe é investigador principal no proxecto. É profesor de interpretación consecutiva e simultánea na Universidade de Vigo. A súa investigación céntrase na aplicación do paradigma empírico á interpretación simultánea. É o autor dun modelo de procesamento de información para a interpretación simultánea que pretende ser unha guía para a formación de futuros intérpretes. A súa segunda líña de investigación inclúe a definición e medición da calidade na interpretación simultánea e o desenvolvemento de sistemas computerizados de apoio á IS.
Recentemente, desenvolveu un profundo interese polos temas relacionados coa accesibilidade como servizo para compensar as limitacións das persoas con discapacidades sensoriais. Xurde de aí unha novidosa liña de investigación relacionada coa análise da calidade dos sistemas automatizados de interpretación, incluído o recoñecemento automático de voz e a tradución automática, fronte a sistemas humanos, como a interpretación de voz a texto ou refalado interlingüístico para a produción de subtítulos en directo.