María Rico Vázquez

Investigadora, Universidade de Vigo

María Rico-Vázquez é doutoranda en Comunicación pola Universidade de Vigo e a súa investigación céntrase na subtitulación intralingüística en directo para televisión en España, incluíndo tanto subtítulos xerados mediante a técnica do refalado como aqueles xerados de forma automática. Posúe un grao en Tradución e Interpretación (2013-2017) e un mestrado en Tradución Multimedia (2017-2018), ámbolos dous pola xa mencionada universidade.

Colaborou co Centro Español do Subtitulado e a Audiodescrición (CESyA) e con Televisión Española (TVE) avaliando a calidade do subtitulado en directo por refalado e automático respectivamente. Forma parte de dous proxectos financiados polo Goberno español sobre a calidade do subtitulado en tempo real en televisión: QuaLiSpain e QuaLiSub. Así mesmo, formou parte do equipo da UVigo para ILSA, un proxecto financiado pola UE enfocado no refalado interlingüístico. Actualmente, é integrante do grupo internacional de investigación GALMA. Foi beneficiaria de axudas predoctorais da Universidade de Vigo e da Xunta de Galicia, e recibiu dous premios á Excelencia Académica concedidos por estas dúas institucións.